Un xeorradar atopou hoxe no encoro de Belesar o coche e o corpo do home de Melide desaparecido o pasado 21 de febreiro no entorno dos Peares. 104 días despois de que a súa muller dese a voz de alarma á Garda Civil, aparecía no fondo do río Miño o vehículo que foi sacado a flote a primeira hora desta tarde. Emilio Pintor Mella, que así se chamaba o home, tiña 43 anos e foi atopado dentro do seu coche tras incorporar ao dispositivo de busca un sónar de barrido lateral.
Fontes policiais explican que o seguinte paso será facerlle a autopsia ao cadáver, moi deteriorado polo tempo pasado baixo a auga, para determinar as causas do falecemento.