Todas as noraboas son poucas hoxe para o Club Deportivo Lugo que vén de conseguir a permanencia en segunda división.
Co suspense ata o último minuto e un ollo centrado no partido do Oviedo contra o Rayo Majadahonda, o CD Lugo empataba onte ante un Tenerife que lle fixo complicada estancia en Segunda.
Nunha noite chea de nervios, o Lugo dominou o arranque do partido achegándose en varias ocasións ao gol, nun partido cunha gran posesión e dominio do xogo por parte dos lucenses pero cos tinerfeños freando cada intento de tanto.
Victoria para o Oviedo e empate para o Lugo que aseguraba así a permanencia dos abivermellos por oitavo ano consecutivo na Segunda.