O Concello pedirá dous novos obradoiros de emprego para a posta en valor do patrimonio

O Concello de Lugo solicitaralle á Consellería de Economía, Emprego e Industria dous novos obradoiros de emprego por un importe conxunto duns 498.000 euros para mellorar a inserción laboral de 36 veciñas e veciños desempregados, ofrecéndolles formación no eido das novas tecnoloxías relacionadas coa posta en valor do patrimonio cultural de Lugo. Trátase dos proxectos Lethes.TIC e Atrium.TIC.

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico en funcións, Ana Prieto, enmarcou estas novas actuacións na responsabilidade do Concello e na súa obriga de facer todo o posible, con recursos propios ou, como neste caso, tratando de captar investimento doutras entidades, para paliar o desemprego no municipio.

O obradoiro de emprego LETHES.TIC, que conta cun orzamento de 324.896 euros, vai dirixido a 20 persoas, e terá dúas especialidades formativas: Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais e Produción fotográfica. Cada unha destas especialidades contará con 10 alumnos traballadores, que ao finalizar terán acceso a un certificado de profesionalidade de nivel tres.

Cunha duración de 9 meses, incidirá na implementación das TIC na difusión e promoción da rede museística do Concello de Lugo coa finalidade de dinamizar o patrimonio histórico da cidade de Lugo; fomentando a súa xestión mediante a aplicación das novas tecnoloxías, cun  tratamento específico para favorecer a súa preservación de cara ao futuro e a mellorar a súa difusión e acceso por parte do conxunto da cidadanía.

En canto ao obradoiro ATRIUM.TIC, o Concello informou de que vai dirixido a menores de 30 anos e conta cun presuposto total de 173.553 euros. O obradoiro estará integrado por: 1 Director/a, 2 monitores/as e 16 alumnos/as, repartidos nas seguintes especialidades formativas: xestión documental e dixitalización de documentos. O proxecto executarase durante 6 meses, dende setembro de 2019 a marzo de 2020.

Este obradoiro inclúe a organización e informatización dos arquivos de oficina de distintos servizos municipais, así como dixitalizaación de expendientes ou actas.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Astrocita Protoplásmica
    Xuñ 06, 2019 - 08:03 PM

    Dous Caudal Fest

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com