Unha persoa precisou ser liberada hoxe do interior do coche no que circulaba tras saírse da vía no termo municipal lucense de Xermade. Sucedeu no punto quilométrico 16,500 da LU-861, ao fío das 6:00 horas. A partir de aí, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Vilalba, de Protección Civil e do servizo de mantemento da estrada.
Unha vez no lugar do accidente, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vilalba liberaron á persoa do interior do vehículo e, finalmente, foi evacuada nunha ambulancia a un centro médico.