O BNG levará ao Parlamento Galego unha iniciativa na que reclamará o remate das obras da estrada de Castroncán a O Incio

O BNG defenderá este xoves no Pleno do Parlamento Galego unha iniciativa na que reclamará o remate das obras da estrada de Castroncán a O Incio. Cosme Pombo lembrou que para a execución desta obra xa se expropiaron e pagaron todas as propiedades particulares, que estaban afectadas polo trazado da estrada.

“Trátase dunha obra necesaria para intercomunicar os concellos de Samos, Sarria e O Incio” afirmou Pombo que engadiu que “estamos a falar da conexión de dous dos concellos da montaña lucense co concello con máis poboación polo que transcurreo o camiño de Santiago na provincia de Lugo”.

Esta iniciativa debatirase tras a denuncia do Grupo Parlamentario do BNG dunha suposta vulneración do regulamento do Parlamento galego que no seu artigo 28 dí que “todos os grupos parlamentares gozan de idénticos dereitos, xa que o PP fixo uso da súa maioría absoluta para impedir que se tratara na comisión a iniciativa do BNG sobre o  remate da obra na LU-641 Castroncán-O Incio”. Para Cosme Pombo está claro que “o PP quere instalar no Parlamento Galego un funcionamento caciquil e antidemocrático, mentras o Presidente Feijoo anuncia medidas de impulso democrático”.

Pombo dixo que “o BNG seguirá traballando por levar iniciativas ao Parlamento galego, para solucionar os problemas das galegas e galegos. “Aínda que ao PP non lle guste e o PSOE se absteña, o BNG defenderá os dereitos das veciñas e veciños de Sarria, Samos e O Incio a ter unhos accesos dignos para poder intercomunicarse no século XXI”, sentenciou Cosme Pombo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com