O Páramo arranca as Feiras e Festas da Primavera

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na inauguración das Feiras da Primavera do Páramo, que se celebrarán durante esta fin de semana na citada localidade e están organizadas pola Asociación de Amigos do Campo da Feira en colaboración co concello.

Balseiro destacou que a longa tradición desta cita “que celebra corenta e tres anos de traxectoria convertida nun recurso cultural e turístico fundamental, nun sinal de identidade do municipio”. A feira acolle postos e actividades de moi diverso tipo e entre os seus principais atractivos figuran a exhibición de doma ecuestre e o concurso de reses de rubia galega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com