A Deputación pon en marcha unha nova edición do Certame Condado de Pallares de investigación

A Deputada de Cultura en funcións presentou hoxe no Museo Provincial de Lugo a XIII Edición do Certame Condado de Pallares, que organiza a Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares. Durante a presentación estivo acompañada do Presidente da Asociación, Carlos Vázquez García, e dos alcaldes dos concellos que
conformaron o Condado de Pallares.

García Porto explicou que “o coñecemento da nosa historia, da nosa cultura, da nosa lingua e do noso patrimonio é necesario para poder conservalos. O traballo de investigación neste eido debe estar apoiado desde as institucións e valorado pola sociedade e polas asociacións, como fan os Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, que manteñen viva e en constante evolución as nosas tradicións. Este certame supón un gran impulso para os investigadores, que reciben 3.000 euros e a edición do seu traballo”.

O Condado de Pallares, un dos once condados nos que se dividiu a Diocese de Lugo no século VI, abarca os concellos de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo, os traballos que se presenten ao certame deberán versar sobre temas lingüísticos, históricos, artísticos, arqueolóxicos, antropolóxicos, etnográficos e folclóricos, cinguidos a este ámbito territorial, ademais deberán ser inéditos e estar escritos en lingua galega, axustados á normativa do 2003. O prazo de presentación dos textos rematará o 30 de setembro de 2019.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com