Ameijide critica que Lara Méndez quera cobrar os locais da Tinería que ten sen pagar á Xunta

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, criticou hoxe que a alcaldesa en funcións, Lara Méndez, estea a esixir o pago do aluguer dos locais da Tinería ás persoas e entidades arrendadas, a pesar de que ela “opta por non pagar á Xunta” o que lle debe pola cesión destes locais, que se realizou hai máis dun ano.

Antonio Ameijide explica que a posición tomada por Lara Méndez “é a de ser unha comisionista” xa que se adica a cobrar o aluguer por uns locais que, di o popular, “non son dela e polos que tampouco paga”. En concreto, a alcaldesa en funcións esixe o pago do aluguer dos meses de outubro, novembro e decembro de 2018 e dos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2019, que ascenden a una contía total de 1.839,9€.

O voceiro popular explica que dos oito locais da Tinería non todos están abertos, debido ao retraso na concesión de licencias por parte do Concello de Lugo, xa que a maior parte dos locais precisaban “inversión e obra” algo que se advertiu dende o primeiro momento por parte do Grupo Municipal do Partido Popular. Unha situación que se ve ao dar unha volta pola Tinería xa que hai locais que aínda non puideron abrir as súas portas ao público.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com