O Xulgado arquiva a denuncia penal do PP contra o Concello polos contratos caducados

O Xulgado de Instrucción número 1 de Lugo vén de decretar hoxe o sobreseemento provisional da denuncia penal do PP contra o Concello de Lugo por unha presunta prevaricación administrativa e malversación de fondos públicos, en relación cos contratos caducados no Concello. Asemade, o xulgado arquivou esta causa.

No auto, o xulgado asegura que as investigacións non “permiten ter por acreditada a existencia das infraccións penais mencionadas”, algo que, segundo asegura a autoridade xudicial, queda respaldado pola documentación así como as declaracións do interventor e do xefe de contratación do Concello.

Precisamente, segundo aclara o auto, destas declaracións non se pode desprender que existise, por parte do Concello, algún tipo de connivencia ou que, o feito de retrasar a adxudicación dos servizos fose a favorecer a unha persoa ou entidade concreta. Para o xulgado, a situación débese, máis ben, á “dinámica municipal, de por si lenta, á descoordinación entre departamentos e ao cambio da normativa”.

Neste senso, a rexedora en funcións, Lara Méndez, asegurou que é cousa da corporación municipal “poñero o punto sobre esta cuestión, sendo unha circuntancia a solventar”, e criticou que non se pode “xudicializar toda a actividade municipal”. “Cada cousa debe ir polo seu cauce, hai que ser cautos, sobre todo cando exercemos a función pública; ese tema poderíase solucionar nun contencioso-administrativo, non polo penal”, concluiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com