Aberta en Ribadeo a terceira residencia provincial con acceso universal para lucenses

A residencia de Ribadeo, financiada pola Deputación e o Concello, abriu as súas portas esta mañá coa entrada dos primeiros 8 usuarios. Trátase do terceiro centro que abre na provincia – logo dos de Trabada e Pol- cun modelo pioneiro no que se considera que, as residencias construídas con fondos de todos os lucenses, deben ser para os lucenses e con prezos adaptados á súa capacidade económica, para que ningún maior se quedara sen poder acceder a esta prestación polos seus ingresos.

No acto deste venres participou a Deputada de Economía e Facenda en funcións, Mayra García Bermúdez, en representación de Campos Conde -que non puido acudir por motivos familiares- e o Alcalde de Ribadeo en funcións, Fernando Suárez Barcia, así como representantes da Plataforma de Veciños en Defensa da Residencia, acompañados doutras autoridades e veciños e veciñas do municipio e da bisbarra interesados por coñecer as instalacións e servizos que ofrece esta nova dotación social. O perfil do usuario é dunha muller de 84 anos, veciña de Ribadeo, e que destina 851 euros á súa praza de residencia.

Na xornada de hoxe entraron os primeiros 8 usuarios deste centro e a vindeira semana está previsto o ingreso doutros 8 maiores. Nestes intres, xa están aprobadas un total de 30 solicitudes para acceder a esta residencia. Os veciños que hoxe ocuparon as primeiras 8 prazas son todos de Ribadeo, e teñen entre 72 e 92 anos de idade, destinan á súa praza dende os 141 euros, ata os 1.338 euros.

García Bermúdez remarcou que “hoxe os veciños de Ribadeo viven un momento histórico, e ao mesmo tempo unha xornada chea de ledicia e de gratitude. Por un lado, os nosos maiores poden por fin desfrutar dunhas dotacións públicas e de calidade, despois de todos os atrancos que viviu este proxecto. E por outra banda, damos resposta as necesidades sociais deste concello, reforzando os servicios e as dotacións públicas desta vila, para que os nosos maiores poidan vivir con dignidade na súa localidade. É de xustiza, meréceno”.

A Deputada en funcións explicou que “dende o Goberno da Deputación decidimos construír na provincia unha rede de residencias e centros de día públicos para os nosos maiores pois existe unha necesidade real de desenvolver este tipo de servizos. Ao longo deste 2019 xa abrimos os centros de Pol e Trabada, e hoxe entran os novos usuarios da residencia de Ribadeo. Polo tanto insisto, respondemos ás demandas dos concellos e dos veciños, e sobre todo devolvemos a débeda que temos cos nosos maiores, ofrecéndolles unhas instalacións no seu entorno, e asequibles a todos os usuarios”.

Novas relacionadas

  1. Mari Dominguez
    Xuñ 15, 2019 - 01:08 PM

    Esperemos teñan suficiente persoal e que os atendan como merecen, sin presas, como e debido

    Reply
  2. Angeles Arias
    Xuñ 15, 2019 - 09:12 AM

    Para pronto!!!!!

    Reply
  3. Teresa Linares
    Xuñ 14, 2019 - 11:22 PM

    Que bien.Para cuando la de A Fonsagrada.?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com