Presentan unha queixa ante o CXPX por non permitir o rescate dun can en Vilalba

A asociación animalista Libera! e a Fundación Franz Weber veñen de interpoñer unha queixa ante o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) polos “atascos” producidos e a “falta total de actuación” do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Vilalba, no caso de abandono dun can no termo municipal.

Os animalistas amosan así o seu apoio á postura da Xunta de Galicia que, a través da Delegación Territorial de Medio Ambiente, reclamou un decomiso preventivo dun can que se atopaba abandonado no interior dunha vivenda onde existen serias sospeitas de perigo por indicios de “risco inminente” para a súa vida.

A Lei de Benestar Animal de Galicia faculta ao executivo autonómico, forzas de seguridade e Concellos, previa autorización xudicial, a entrar en propiedades privadas se iso supón salvar animais en contexto de abandono ou maltrato, pero o caso de Vilalba, segundo explican os colectivos, “evidencia a distorsión existente entre o sistema xudicial e a proposta urxente do goberno galego”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com