A Garda Civil detivo ás 03.45 horas de hoxe no termo municipal do Corgo a un veciño de Sarria de 65 anos de idade como suposto autor dun delito de roubo nas cousas.
Os axentes coñeceron en torno ás 03.15 horas que o ocupante dun turismo que se atopaba nas inmediacións dun camión de mantemento de estradas que estaba estacionado na recta de Sabarei-O Corgo podería estar a cometer un ilícito penal, unha vez acudida no lugar unha patrulla sorprende á persoa detida subtraendo gasoil do depósito do vehículo pesado. A persoa detida é posta a disposición xudicial no día de hoxe.