Un motorista faleceu en Sarria nun accidente de tráfico no que se viron implicados o seu vehículo e un coche.
O sinistro ocorreu na estrada que une esta localidade e Oural, ao fío das 13:15 horas. Nese momento, unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para dar conta do accidente. Indicaba no seu relato que o motorista podería estar ferido.
Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias que, debido a gravidade das lesións, mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Ourense. Así mesmo, solicitouse a colaboración dos Bombeiros de Sarria, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local e voluntarios de Protección Civil da localidade.
A pesar dos esforzos dos servizos de emerxencia, nada puideron facer por salvarlle a vida ao motorista.