Un home de avanzada idade foi detido sobre as 20.30 horas da tarde de onte pola Policía Local como o presunto autor dun delito de abuso sexual a unha menor. Os feitos tiveron lugar na contorna da Ponte Romana onde unha muller denunciaba que o detido realizara “tocamentos” nas partes íntimas da súa filla menor de idade. Segundo asegura a Policía Local, a vítima identificou ao presunto autor do feito polo que foi detido e conducido a dependencias policias para instruír as dilixencias para o Xulgado de Garda.
Noutro senso, unha patrulla da Policía Local tivo que acudir na tarde de onte á parroquia lucense de San Xoán de Tirimol tras recibir a alerta de que unha muller fora agredida polo seu fillo de 13 anos de idade. Os axentes compareceron en dependencias policiais para instruir as dilixencias oportunas para o xulgado de Garda.