O Concello de Baralla celebrará este venres un pleno extraordinario no que o alcalde popular, Manuel González Capón, presentará a súa renuncia ao cargo que rexenta dende fai 32 anos. González Capón, que foi investido o pasado día 15, deixará o bastón de mando por motivos de saúde, despois de que o pasado día 21 de xuño decidise delegar as funcións do seu cargo no primeiro tenente de alcalde, Manuel Rodríguez Vilela.
A pesares desta delegación de funcións, o consistorio todavía non aclarou o nome de quen substituirá a González Capón.