A cidade de Lugo acollerá a quinta edición do Liceu a la Fresca, o emblemático proxecto do Gran Teatre del Liceu de Barcelona, cuxo obxectivo é difundir a música e a ópera entre os cidadáns, e que conta coa participación da Obra Social ‘la Caixa’. A ópera Tosca poderá seguirse o vindeiro 28 de xuño dende o centro cultural do Vello Cárcere, unha iniciativa que se realizará de maneira simultánea en máis de 250 municipios, incluidos 5 de Francia.
A veciñanza poderá ver en directo a actuación en lugares como o Museo Guggenheim, os xardíns da Alameda Apodaca, o Claustro do Museo Nacional del Teatro de Almagro ou os centros CaixaForum de Sevilla, Madrid, Zaragoza e Palma.