A Policía Local de Lugo detivo en torno ás 21.30 horas de onte a un mozo de 22 anos de idade como presunto autor dun delito de atentado contra os axentes da autoridade que acudiron á chamada de veciños da rúa Ferreiriño que denunciaban a gran velocidade á que circulaba un vehículo pola zona.
As patrullas que se desprazaron á zona localizaron o turismo estacionado no medio da rúa sen ninguén no interior. Cando se personou o propietario, negouse a identificarse polo que os axentes o advirten de que terá que ser trasladado a dependencias policiais.
O detido, nese momento, empuxou violentamente a un dos policías intentando fugarse hacia o Bulevard Norte, rúa Lavandeira e Angelo Colocci onde ao empuxar un valo caeu nunha silveira. Os axentes , onde é alcanzado polos axentes aos que golpea con patadas e puñadas para tratar de escapar de novo.
O detido, nese momento, foi esposado e introducido no vehículo policial que o levaría a dependencias para a instrución correspondente e a súa posterior remisión ao Xulgado de Garda, quedando nos calabozos ata a súa posta a disposición xudicial.
A resultas da intervención un dos policías resultou ferido polo que recibiu asistencia médica. Outra patrulla policial procedeu á retirada do vehículo quedando inmobilizado no Depósito Municipal.