A selección galega feminina de Rugby 7 proclamase campioa de España

A selección galega de Rugby alzouse co Campionato de España de Seleccións Autonómicas femininas de Rugby 7. A selección galega volveu alzarse co  titulo estatal, esta vez, contra a selección madrileña.

A terceira clasificada deste encontro foi a selección de Euskadi. A Deputación de Lugo colabora con esta cita deportiva para a promoción do deporte feminino na provincia,  que, nesta ocasión se disputou no Estadio Pepe Barrera de Ribadeo.

Neste campionato participaron ademais da galega, as seleccións das Federacións de Andalucía, Baleares, Castela e León, Cataluña, Madrid, Murcia, Navarra, País Vasco, Asturias, Cantabria e Valencia.

A Deputada de Economía e Facenda en funcións, Mayra García Bermúdez, xunto con outras autoridades, entregou os premios ás participantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com