Un motorista resultou ferido de consideración tras colidir a moto coa que circulaba contra un turismo, á altura do número 20 da Rúa de Francisco Vilasuso, no concello lucense do Vicedo.
Ata o punto desprazáronse nada máis ser alertados polo 112 Galicia e tras recibir a alerta a través dun particular, ás 00:45 horas desta madrugada, os servizos sanitarios de urxencia, axentes de Tráfico, Bombeiros de Viveiro e os efectivos de Protección Civil da localidade.
Unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias trasladou ao ferido ata o centro hospitalario de referencia.