Rubén Arroxo anunciou o inmediato inicio das obras na rúa Plácido Rei Lemos e explicou que “estas obras puxéronse en marcha cando, durante o San Froilán do 2018, houbo que facelas con urxencia por que afectaba ás casetas do polbo e aos negocios e vivendas da zona”. Unha multitude de montóns de terra e barandas de plástico ocupan a beirarúa desta rúa próxima ao Parque de Rosalía de Castro apuntou o Tenente de Alcalde e explicou que “cando en outubro de 2018 se producira o rebentón solucionouse con un by-pass para asegurar o subministro de auga naquel momento e a día de hoxe as obras continúuaban sen rematar”.
Arroxo afirmou que “Imos tentar dar unha solución rápida e dende o primeiro día puxémonos a traballar para evitar as importantes molestias para as persoas que transitan pola zona e mellorar a imaxe da zona”. O tenente alcalde que estivo acompañado do edil responsable de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, agradeceu, no primeiro día de goberno, as facilidades e colaboración do persoal de infraestruturas “á hora de axilizar e dar prioridade a un asunto que moitas persoas levaban reclamando dende fai case un ano”.