Este mércores deu saída dende Astorga a sétima edición do Rally Turístico do Incio, que se celebrará ata o 8 de xullo pola xeografía galega reunindo a 30 coches clásicos de España, Portugal e Francia. O xoves chegarán á cidade de Lugo e farán unha pequena parada na Praza de San Marcos.
O obxectivo desta ruta é promocionar un turismo de calidade para estimular a economía local desfrutando da gastronomía e da cultura. Os coches participantes deste rally turístico son modelos clásicos de: Mercedes, Porsche, Mustang, Chebrolet Corvette ou Maseratti, entre outros.
O Rally
O Rally Terras do Incio celebrase do 3 ao 8 de xullo. O percorrido comeza en Astorga, pasando polo Barco de Valdeorras, Lugo, O Incio, Friol, Arzúa e finalizará en Santiago de Compostela. A ruta tamén seguirá por Pontevedra e Vigo.
Ademais do propio percorrido inclúense actividades complementarias de tipo cultural como poden ser visitas a lugares emblemáticos como a Igrexa de Hospital, Cruz do Incio, a Praza do Obradoiro, a Catedral de Santiago, Costa da Morte, Finisterre.