Ocorreu ás 11 desta mañá, tal e como indicaron varios condutores que se puxeron en contacto co 112 Galicia para pedir asistencia urxente debido á situación na que quedou o camión, envorcado contra as barreiras de protección da vía. Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos efectivos do Parque de Bombeiros de Barreiros co fin de liberar ao camioneiro e facilitar a atención por parte dos servizos sanitarios desprazados no lugar do accidente.
Segundo indicaron, o camioneiro presenta un golpe na cabeza, polo que, unha vez liberado, foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.
Ademais, neste operativo colaboraron os voluntarios de Protección Civil a localidade e os axentes da Garda Civil de Tráfico co fin de regular a circulación que se viu afectada polo accidente.