A semana pasada e logo de que se cumpriran os tres meses de ter imposta unha reclamación previa frente á Deputación, e que a Deputación non contestara á mesma, as persoas organizadas na Plataforma de afectadas pola selección de persoal das residencias provinciais presentaron ante o xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo a pertinente demanda para continuar por vía xudicial o seu dereito a poder traballar nas mesmas.
Dende a Plataforma sinalaron que “presentouse unha demanda contra a inactividade da Deputación Provincial de Lugo ao entendermos que a Administración Provincial ten a obriga de respectar os dereitos das persoas seleccionadas no mes de maio de 2015, posto que a selección realizada a través da empresa pública Suplusa foi realizada baixo as directrices da encomenda de xestión que a Deputación lle fixo a Suplusa, e foi realizada con absoluto consentimento da propia Deputación, como o amosa que as cartas convocando ás persoas inscritas nas probas de selección foron asinadas polo propio presidente da Deputación Provincial de Lugo, por aquel entón Jose Ramón Gómez Besteiro”.
As afectadas “lamentaron que non fora posible unha solución política ao abuso do que foron obxecto as persoas seleccionadas, solución política que foi inviable pola prepotencia e desprezo que o Goberno provincial do PSOE, co seu presidente Dario Campos á cabeza, tiveron coas persoas afectadas, quén se negaron siquera a recibir ás persoas afectadas, e por suposto nunca tivo nengún interese en buscar solución ás problematicas destas persoas, actuando sempre con cinismo nos seus pronunciamentos públicos tante ante a prensa coma nos propios plenos ao respecto da problemática”.
Desde a Plataforma concluíron que “estamos convencidos que unha situación tan absolutamente INXUSTA non pode ser amparada pola Lei, porque do contrario estaríamos nunha situación de absoulta indefensión”.