Restablecido o Servizo de arquivo no Concello de Lugo

Dende a Área de Participación e Servizos para a Veciñanza, que dirixe a nacionalista Cristina López, comunicase que se restableceu a atención ao público no servizo de arquivo do Concello de Lugo.

Segundo explicou Cristina López buscouse unha solución temporal, cos medios cos que se dispón dende a propia Área, para dar servizo ás numerosas peticións que hai pendentes de atender dende este servizo. Cristina López sinalou que xa está traballando, xunto co servizo de persoal, para dar unha solución permanente para este problema de atención que o Concello de Lugo arrastra dende fai anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com