A edil de Cultura, Maite Ferreiro, presentou o Certame de Pintura Rápida

Ferreiro, presentou no día de hoxe a 19 edición do “Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo”. Maite Ferreiro explicou que se trata dunha cita consolidada e referente para moitas pintoras e pintores que ano tras ano achegánse a Lugo.

O Certame celebrarase o domingo 14 de xullo a partir das 9:00 e os traballados premiado serán coñecidos ás 18:00 horas do mesmo día. As persoas participantes presentaranse entre as 9:00 e as 11:00 horas no Departamento de Cultura do Concello de Lugo para iniciar o concurso e o tempo máximo para a presentación das obras rematadas será o mesmo domingo ás 17:00 horas. Despois da deliberación do xurado, ás 18:00 horas daranse a coñecer as obras premiadas.

As obras premiadas pasarán a ser propiedade do Concello de Lugo que completará así, unha importante colección de arte que se vai configurando ao longo dos anos coa celebración deste Certame. Os premios do Certame suman un total de 5.500 euros que se repartirán en 8 categorías.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com