Rosa Cedrón actuará no VIII Festival Aturuxo de Ourol

Este xoves presentouse nos Xardíns do Pazo de San Marcos, o VIII Festival Aturuxo, que terá lugar os días 19 e 20 de xullo na parroquia de Santiago de Bravos en Ourol. Esta nova cita musical que organiza a Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, e que conta apoio da Deputación e do Concello.

O Deputado de Turismo en función avanzou que “durante estas dúas xornadas o Concello de Ourol convertese nun pequeno epicentro da nosa música, dos nosos sons e das nosas tradicións. Ademais, todos os participantes poderán compartir a cea popular, foliada libre, acampada gratuíta, xogos populares, autobuses gratuítos para desprazarse a Ourol e moita diversión para todos os asistentes”.

Asemade, o alcalde de Ourol, Pajón Camba agradeceu a implicación da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos na organización de eventos ao longo de todo o ano, “son unha organización moi activa e comprometida con Ourol”. E convidou a “todos os visitantes a achegarse a Ourol para coñecer todo o entorno da parroquia de Bravos”.

Pola súa banda a Presidenta da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, Carmen Rivera Vidal, agradeceu ao Concello e a Deputación o seu apoio a este evento. “Si queremos que o rural non esmoreza, hai que apoialo”, dixo. Remarcou que o Festival deste ano, que xa vai pola 8º edición, conta coa cunha nova festa dos xogos interxeneracionais, e ademais, este ano como novidade haberá artesanía”.

Programa

A VIII edición do Festival Auturuxo comezará o venres dia 19 de xullo ás 21.00 horas coa actuación de Farrapos de Ghaita. Tamén haberá unha cea con paella, xamón cocido e bocadillos, e para rematar esta xornada, celebrarase unha gran foliada libre. O sábado día 20, comeza o VIII Festival Folk Aturuxo ás 13.30 horas coa sesión vermú co cuarteto Illa Pancha que dará paso á comida a prezos populares. Ás 16.00 horas comezarán os xogos tradicionais interxeneracionais e de auga. Ás 18.00 horas haberá diversión a cargo de Pakolas e durante a tarde Laura Romeu estará pintado e expoñendo. Ás 21.30 horas comezarán os concertos de: Rosa Cedrón, Collón de Lola, Zënzar e o Som do Galpom. Haberá autobús gratuíto dende a Estación de Autobuses de Viveiro a Ourol, que realizará paradas ao longo do percorrido, para poder participar neste evento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com