A xornada de mañá día 10 do Festival da Retranca, achega a Lugo ao escritor best-seller vigués Pedro Feijoo e máis o xornalista Kiko Novoa a partires das oito da tarde no MIHL.
Unha hora máis tarde, será o turno do humorista Róber Bodegas e o músico Manuel de Lorenzo dialogarán no Museo do parque da Milagrosa arredor do humor en todas súas cores. Xa ás once, a retranca farase de oído grazas aos Impresenteibols, unha banda de humor-jazz, que ofrecerá o seu espectáculo na Praza do Campo.
A Carpa das Letras Retranqueiras, instalada na Praza Maior, ofrecerá unha escolma da literatura nacional e internacional, mentres os establecementos da cidade participantes no festival, seguirán ofrecendo tapas e cervexa artesanal.
O chef Santi Almuíña, presentará as Xornadas de Alta Gastronomía con Retranca, que se desenvolven no Mesón Colón, e onde os pratos, cuxos ingredientes o restaurador mantén en secreto, non son o que parecen, pretendendo deste xeito potenciar a imaxinación dos comensais.