Alcalde de Lugo en funcións

Circula por aí unha nova versión do conto de Carrapuchina, no que cando o lobo pregunta: “Carrapuchiña… onde vas?”,  a rapaza resposta dun xeito que non debo repetir aquí, pero que ben poden imaxinalo os lectores… co que o lobo remata comentando: “Cambiouche ben o conto!”.

Sen acudir a ningunha inconveniencia verbal, iso pensei eu –“Cambiouche ben o conto”– cando vin unha nota da oficina municipal do BNG, indicando que “Rubén Arroxo, Alcalde en funcións, visitou o Parque infantil de Tráfico”, na antiga Frigsa.

Do mesmo xeito que a primeira alcaldesa en funcións que houbo en Lugo foi Marina Cillero, nos anos 80, durante unha ausencia do Alcalde Vicente Quiroga, cabe supoñer que durante o mandato compartido con Orozco, Branca Rodríguez Pazos foi tamén alcaldesa en funcións, aínda que co apegado que estaba Orozco ao seu sillón, seguro que preferiría non saír de Lugo para non ter que ceder a Alcaldía aínda que fose temporalmente.

Neste caso é a primeira vez que Rubén Arroxo ostenta a alcaldía lucense, en funcións pero de xeito efectivo, facendo realidade sen dúbida o que poucas veces se debeu permitir soñar antes e durante a campaña electoral, que produciu resultados tan novidosos coma este.

Para min que isto de Arroxo, vicealcalde in pectore aínda que na lexislación municipal non haxa vicealcaldes, é unha demostración de forza para que alcaldesa e compañeiros do Psoe se vaian afacendo ao que os espera.

Porque logo, lendo a nota informativa non aparece o do alcalde en funcións por ningún lado, senón que se menciona que Rubén Arroxo, ao que acompañaba o Concelleiro de Educación e o Director da instalación, visitou o Parque de Tráfico onde se están a impartir cursos ao que acoden máis dun cento de nenas e nenos de oito a once anos. Só no “Asunto” do Correo. E aí queda iso.

É o que teñen os matrimonios de conveniencia, que as esixencias do guión superan aos sentimentos, e xa que non pode ser vicealcalde aínda que de facto exerza como tal, cando a alcaldesa non está, Rubén Arroxo é o alcalde en funcións, aínda que só sexa como denominación para figurar nas notas de

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com