O PP reclámalle a PSOE e BNG que dean a coñecer o seu proxecto para a provincia

O Grupo Provincial do PP reclámalle a socialistas e nacionalistas que dean a coñecer o seu proxecto para a provincia. Os populares trasladan esta demanda despois de facerse público a través dos medios de comunicación que PSOE e BNG veñen de manter unha reunión para formar un goberno de coalición para os vindeiros 4 anos.

A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, afirma que “os veciños e veciñas deben coñecer o proxecto de provincia que van levar a cabo, máis cando os dous partidos políticos con representación na institución provincial rexeitaron coñecer o programa que tiñamos para executar”.

A voceira explica que lles fixo chegar sendas cartas aos responsables do PSOE e do BNG para expoñerlle o seu proxecto, ofrecendo traballo e compromiso e ninguén quixo sentarse para coñecelo, polo que, precisa “entendemos que contan cun propio que deberan facer público canto antes en aras á transparencia”.

A popular considera que “a convulsión que vive o PSOE, na que cada día os seus membros polemizan publicamente pola loita de poder, os veciños e veciñas merecen coñecer todos os detalles das persoas que van levar as rendas da Deputación de Lugo e os proxectos e accións que porán en marcha polo avance da provincia”.

O proxecto do PP sólido e comprometido

Segundo os Populares o seu proxecto “estaba baseado en buscar a colaboración institucional entre as administracións, como un mecanismo de progreso. A acción de goberno para os vindeiros catro anos ía estar centrada en potenciar os servizos sociais, o emprego e desenvolvemento do sectores produtivos, a xuventude e a infancia, avanzar no reto demográfico, a mellora das infraestruturas ou a posta en valor do potencial mediambiental, cultural e turístico do que dispón a provincia”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com