Este venres o Xulgado de Instrución número 1 de Lugo ditou o acto no que se decreta o sobresemento da causa contra Lara Méndez e o exalcalde José López Orozco.
O sindicato CSIF fora quen presentara a denuncia perante o xulgado, no que se querelaban contra o exalcalde José Clemente López Orozco, a actual alcaldesa Lara Méndez e unha funcionaria, polos presuntos delitos de malversación e prevaricación de fondos públicos a consecuencia do nomeamento do posto de letrado asesor do Concello de Lugo. O posto fora cuberto en varias ocasións en réxime de comisión de servizos e prórrogas, segundo se indica no auto, estas actuacións foran anuladas por diversas sentencias dos xulgados do Contencioso-administrativo e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O xulgado de instrución número 1 de Lugo entende que existindo quebranto da legalidade, os presupostos non se poden cualificar como de prevaricación ao concorrer diversa circunstancias especiais que fan que non exista responsabilidade penal.