Hoxe abriu ao tráfico a rúa Salvador de Madariaga. As obras que comenzaron a finais do pasado mes de maio, contaron cun orzamento de 109.800 euros.
Con estas obras mellorouse o estado da rúa, que se atopaba cun deficiente estado na banda de rodadura, con múltiples zonas blandas, gretas e o pavimento cuarteado. Tamén se modernizou a rede de saneamento que contaba cun colector central moi antigo e varios pozos fóra de servizo.
Con esta intervención de reconstrución, o Concello de Lugo e a Área de Infraestruturas garante as boas condicións de distintos servizos públicos e mellora a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna e da cidadanía.