Activada a Alerta Laranxa por treboadas nas provincias de Lugo e Ourense

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta ten activada a alerta laranxa por treboadas nas provincias de Lugo (Montaña e Sur) e Ourense (Sur, Montaña e Valdeorras).

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), as tormentas poderán ir acompañadas por saraibas e refachos moi fortes de vento.

Ademais, haberá choivas con precipitacións acumuladas que poden superar os 15 mm por hora (nivel amarelo) en todas as zonas afectadas por tormentas.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Aconséllase extremar as precaucións e consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com