A Consellería do Medio Rural abonou na provincia de Lugo pagos por importe de preto de 102 millóns de euros, correspondentes á campaña da PAC do 2018, que quedou practicamente rematada coas últimas partidas ingresadas no mes de xuño. As axudas beneficiaron a máis de 11.000 gandeiros lucenses.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a consellería traballa xa na campaña do 2019, na que se agardan unhas cfras semellantes ás do pasado ano, e subliñou o esforzo por seguir modernizando a simplificando a tramitación. Entre outras medidas, a consellería vai realizar un proxecto piloto -no concello pontevedrés de Forcarei- para substituír os tradicionais controis sobre o terreo polo monitoreo das superficies declaradas para pagamento básico mediante o uso de imaxes de satélite e doutras tecnoloxías coma os drons, as fotos xeoetiquetadas ou a intelixencia artificial.