Os 63 deportistas de Lugo que participaron nos Xogos do Eixo Atlántico, que se celebraron en Braga, chegaron ao municipio con 12 medallas no seu haber nas categorías de atletismo, fútbol masculino e baloncesto masculino.
Durante a semana que duraron os xogos, os deportistas lucenses conseguiron 6 medallas de ouro en atletismo de ruta feminina, en lonxitude masculina, en 1.000 metros feminino e nos 1.000 masculino, en lanzamento de peso feminino e en 4×100 masculino. Ademais, gañaron 4 medallas de prata en lanzamento de peso masculino e en 100 metros feminino. Tamén obtiveron medalla de prata e trofeo en fútbol 7 masculino e en baloncesto masculino.
Ademais, a delegación de Lugo competiu en natación e baloncesto feminino, onde quedaron entre os dez primeiros equipos. En total, nestes Xogos participaron 1.673 deportistas menores de 16 anos pertencentes a 26 localidades de Galicia e Portugal, dos que 63 eran de Lugo e que foron seleccionados entre dos distintos clubs do municipio.
O concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, que acompañou á delegación, felicitou a todos os participantes, e dixo que “poden estar felices co traballo e o esforzo desenvolvido, sempre xogando con respecto e deportividade” nestes xogos. “Sodes un exemplo de orgullo lucenses”, sostivo.