Mondoñedo organiza este sábado una xornada de pilotaxe de drons

O Concello de Mondoñedo organiza para este sábado día 20 unha xornada de pilotaxe de drons. A actividade, de entrada libre, desenvolverase na Alameda de Mondoñedo a partir das 10:30 horas.

Para todos os públicos

A xornada interxeracional de coñecemento do patrimonio con drons está subvencionada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e está dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos e tamén a persoas maiores que queiran descubrir o mundo dos vehículos aéreos non tripulados.

A alcaldesa, a popular Elena Candia, agradece a colaboración do Goberno galego para poder levar a cabo esta iniciativa que permitirá, tanto á mocidade como aos maiores, ampliar as súas competencias tecnolóxicas.

Os expertos ensinaranlles aos participantes o funcionamentos dos drons e terán a oportunidade de poder pilotalos.

En setembro o Concello de Mondoñedo organizará unha nova xornada que tratará de como aplicar os drons aos recursos da horta.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com