Inauguración da exposición “Bernarda Espida” de Xavier Costa no Vello Cárcere

Esta tarde, ás 20:30 horas,  no  Vello Cárcere inaugúrase a exposición “Bernarda Espida” do escultor Xavier Costa. O acto estará conducido polo actor Cándido Pazó.

A exposición que organiza a Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organiza, estará dende hoxe 18 de xullo de 2019 ata o 20 de xaneiro de 2020, Trátase da serie escultórica titulada “Bernarda Espida”, composta por 51 pezas esculpidas en pedra, madeira e ferro, que se amosarán acompañadas por 51 grabados en augaforte que son o relato pictórico da historia desta heroína.

Bernarda Espida é a personaxe ficticia, inventada por Xavier Costa, que cobra vida en cada unha destas 51 esculturas e coa que constrúe un relato sobre “a cámara dos horrores” que foi o século XX. Con Bernarda traza unha historia circular do sufrimento, desde antes de nacer ata a súa morte. Unha Bernarda libre, lesbiana, feminista e revolucionaria que é golpeada con ferocidade e crueldade polos grandes males da historia sociopolítica do século XX: as guerras, as ditaduras, a tortura e a represión.

En palabras de Costa, “esta é a triste, insólita e verdadeira historia da rapaza galega Bernarda Espida, que fixo trinta e tres revolucións e perdeunas todas, que loitou pola xustiza e a liberdade e foi perseguida, exiliada, detida, golpeada, aldraxada, torturada e violada por todos os reximes ditatoriais, que foi executada e o seu corpo abandonado mas eiras pra ser pasto de pegas e corvos. Pero como Prometeo converteuse en penedo e forma parte da paisaxe galega”.

As esculturas deste tráxico relato parten da figuración e experimentan con distintos materiais como o ferro, o estaño, a madeira e a pedra, coa que tamén xoga ao empregar cuarzo, granito, mármore de Macael, pedra de Tivissa ou de Vinarós, polo que se establece un contraste de rugosidades e tonos que aportan dramatismo ou sensualidade segundo a peza. Porque nesta historia dos horrores hai cabida para a tenrura, o amor, a sensualidade, a sexualidade o hedonismo e a ledicia. Nestes casos, as esculturas son voluptuosas e de suaves escorzos; en oposición, o horror reflíctese con xogos de contraste de texturas, volumes, cor e materiais que aportan dramatismo, incluso dor.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Lucia Barcelos
    Xul 19, 2019 - 01:48 PM

    Moi boa

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com