A deputada autonómica Patricia Otero, erixiuse na nova Secretaria Provincial do PSdG-PSOE de Lugo logo de case dobrarlle os votos ao outro candidato a secretaría xeral, o Alcalde de Castroverde José María Arias.
A candidata mariñá, que contaba co apoio do Secretario Xeral dos socialistas galegos Gonzalo Caballero, ofreceralle a Arias pouco un día antes dos comicios, integralo como número dous da candidatura, cousa que o Alcalde de Castroverde rexeitou, co argumento de que “ non participa en proxectos que non cre”
Deste xeito queda cuberto o cargo que deixara Álvaro Santos, que dimitira logo dos enfrontamentos mantidos co Secretario Xeral Galego.