Aprobado o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Santo Estevo en Pol

A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, vén de aprobar o acordo da reestruturación parcelaria da zona de Santo Estevo, no concello lugués de Pol. Este paso supón a determinación dos predios de re-emprazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Neste caso, falamos da reorganización de 511 parcelas que pasan a ser 152 predios pertencentes a 84 propietarios.

 A aprobación do acordo foi asinado xa polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e permite dar un paso máis na finalización deste proceso que afecta unha superficie de 341 hectáreas. Nesta reorganización territorial lévanse investidos máis de 500.000 euros, que se destinaron na súa meirande parte á execución da rede principal de camiños e, en menor medida, a investimentos en diferentes servizos técnicos relacionados, entre outras cuestións, co seguimento ambiental do proceso.

 O remate das reestruturacións parcelarias abertas é unha das principais liñas de traballo da Consellería do Medio Rural. Para esta finalidade, o departamento que dirixe José González destina anualmente dende o ano 2016 un orzamento de 20 millóns de euros para estes procesos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com