O BNG pide á Xunta a rehabilitación do barrio da Tinería

Representantes do BNG visitaron o Barrio da Tinería, onde demandaron máis atención para a rehabilitación deste barrio por parte da Xunta. O BNG pedirá a no Parlamento que se continúe coa rehabilitación do Pazo de Dona Urraca, ademáis das excavacións arqueolóxicas da Unidade de Intervención UI-7, onde se atoparon fornos. “Estas escavacións poderíanse converter nun centro de investigación e nun polo de atracción de visitantes para a cidade”, indicou Rubén Arroxo.

Olalla Rodil lembrou que dende que Feijoo chegou á Xunta hai 10 anos, o proxecto iniciado polo BNG foi completamente abandonado, sinalando “a falta do compromiso do goberno do PP na Xunta con Lugo, e dun proxecto político serio para o barrio da Tinería, que se pode converter nun motor económico para a cidade”.

“Dende o concello estamos a traballar para traer turismo a Lugo, mais vemos como a Xunta está a impedírnolo co seu abandono deste barrio” indicou Rubén Arroxo, quen engadiu, “dende o BNG seguiremos traballando para recuperar o proxecto de rehabilitación e rehabitación iniciado no bipartito”

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com