Lugo de Cara ao Miño organiza para este mércores un novo paseo de custodia do río

A plataforma Lugo de Cara ao Miño organiza para maña mércores, día 31 de xullo, unha nova andaina de custodia e recoñecemento do río e as súas ribeiras ao seu paso pola cidade de Lugo. 
 
A iniciativa, que se desenvolve por segunda semana consecutiva, terá nesta ocasión como punto de encontro o Restaurante Los Robles ás 11 da mañá. Se a semana pasada o grupo de traballo de Lugo de Cara ao Miño centrou o seu recoñecemento do “estado de saúde” do río na zona comprendida entre a Ponte Romana e a Fábrica da Luz, desta volta o paseo atinxirá a zona das Saamasas e a contorna do Clube de Piragüismo. 
 
Lugo de Cara ao Miño recorda que esta é unha proposta aberta á participación de toda a cidadanía luguesa e a todos os colectivos sociais que se queiran sumar a ela. Trátase dunha actividade pensada para ser participada por todo tipo de públicos: a duración das andainas ten unhas dúas horas de duración, o que as converte nunha boa opción para unha mañá de verán, máis neste caso cunha utilidade concreta: facer seguimento semanal do estado de saúde do río en toda a súa extensión. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com