XXVI Edición da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional


A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s é a encargada de organizar esta mostra que congrega nesta edición especial a mais de 30 artesáns que amosarán ao público a riqueza da produción artesanal dos instrumentos que saen dos seus talleres.

Esta mostra, consagrada como a máis antiga e importante da Península Ibérica, é hoxe un referente indispensable da música tradicional galega. Un lugar de encontro onde os amantes da nosa cultura poden gozar de dous días cheos de festa e ademais coñecer de preto o gran traballo de mais de 30 artesáns e artesás que nos traen unha amplísima variedade de instrumentos tradicionais como gaitas, requintas, zanfonas, tambores, bombos, pandeiretas, trompas, violíns,… Como nas pasadas edicións, na mostra non faltará ademais a música e o baile tradicional, que estarán presentes durante a fin de semana a través de actuacións en directo e obradoiros. Esta edición estará dedicada a Santiago Caneiro Aneiros, Presidente de Honra da AGG e Presidente da nosa asociación durante mais de dúas décadas.

A apertura da Mostra comezará co pregón o sábado ás 17:00 h. a cargo de Xosé Lois Mouriño Couto, un dos artesáns promotores desta feira dende o seu inicio.

A mostra permanecerá aberta ao público durante toda a fin de semana, cun horario de 17.00 a 21.30 o sábado, mentres que o domingo será de 11.30 a 14.00 e de 17.00 a 21.30.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com