O Grupo Provincial acorda o reparto das áreas para fiscalzar o gobernó, para deste xeito facer un traballo “aproveitable e produtivo” para a provincia. Así o indica a voceira Elena Candia quen manifesta se trata dunha distribución “pensada, tal e como dixemos, para fiscalizar o traballo do goberno que, por certo, é o que ten máis medios da historia, co obxectivo de que este se axuste ás necesidades que ten a nosa provincia”.
As áreas das que se ocuparán os deputados do PP, axustándose ao acordo acadado polo Pleno o pasado 30 de xullo, son as seguintes:
Elena Candia (voceira): Xestión Territorial; Réxime Interior; Promoción do Territorio e Turismo.
Javier Castiñeira (vicevoceiro): Cooperación e Asistencia aos Concellos; Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica; Cultura, Patrimonio Histórico e Artístico e Normalización Lingüística; e Formación, Ensino e Economía do Coñecemento.
Agustín Baamonde (vicevoceiro): Participación Cidadá; e Medio Rural e do Mar.
José Antonio García (vicevoceiro): Promoción Económica e Social; e Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas; Medio Ambiente; e Recursos Sostibles.
Lola Castro (deputada): Muller e Igualdade.
Comisións Informativas
Polo que respecta ás dúas Comisións Informativas existentes na proposta aprobada, estas estarán integradas por tres membros do Grupo do PP. A designación é a seguinte:
1.- Comisión Xeral de Asuntos do Pleno: Francisco Balado Teijeiro, José Pardo Lombao, José Ángel Santos Sánchez.
2.- Comisión de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas: Dolores Castro Ochoa, José Jesús Novo Martínez e Pablo Taboada Camoira.
Ago 01, 2019 - 10:33 PM
Fiscalizar , dicen . Si toda la judicatura española fiscalizara en su día al partido al que estas personas pertenecen , hoy tendríamos un país menos corrupto , y estos diputados provinciales serian más creíbles .