O PP denuncia a ausencia de control municipal na concesión do centro de día Antonio Gandoy

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Carmen López Silva, denuncia a “situación que viven os traballadores do centro de día Antonio Gandoy, unha instalación na que os empregados sufriron numerosos retrasos no cobro das súas nóminas, unha das consecuencias da falta de control e de pago da concesión por parte do goberno local, unha realidade que no Grupo Popular coñecemos a raíz da visita realizada a este centro de día”.

Carmen López Silva critica que “a falta de traballo do goberno bipartito local vese reflectido en situacións tan desagradables como que traballadores que realizaron o seu traballo vexan como tardan meses en cobrar as súas nóminas porque o Concello de Lugo non abona as mensualidades correspondentes á empresa concesionaria e porque tampouco realiza un control da concesión municipal”.

Segundo a concelleira do PP, “os traballadores deste centro sofren numerosas deficiencias, como que non reciben anualmente os dous uniformes regulamentarios para o seu traballo (hai casos nos que os traballadores chegan a comprar a roupa de traballo porque non llela facilitan), os coñecidos atrasos nos pagos das nóminas ou que aos traballadores non lles aplicaron a suba salarial que se recolle no pliego de condicións da concesión. Son situacións que nos levan a pensar nunha falta total de control por parte do goberno local”, explicou.

Por iso, Carmen López Silva anuncia que pedirán por escrito todos os documentos, actas ou informes que reflictan “algún tipo de control” do devandito centro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com