Un home perdeu a vida ao caer ao río Miño en Guntín

O corpo sen vida do home foi localizado dúas horas despois de que os compañeiros o viran caer á auga mentres pescaban no lugar de Santoalla, no límite entre os concellos de Guntín e Portomarín.

Deste xeito, a primeira chamada de alerta ao 112 Galicia produciuse pasados uns minutos das oito da tarde de onte, cando un grupo de catro persoas practicaba a pesca na parroquia de Francos e unha delas caeu ao río. Decontado, activouse un operativo para dar co home, ao que perderan de vista, que foi localizado en Santoalla unhas dúas horas despois sen vida.

Na busca colaboraron os Bombeiros de Chantada, os membros do GES de Monterroso, voluntarios de Protección Civil de Portomarín, axentes da Garda Civil e servizos sanitarios de urxencia, que nada puideron facer por salvar a vida do home.

 

Foto Google: O-Río-Miño-en-Guntín

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com