O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron hoxe as obras da rúa Mar Cantábrico e Santo Grial. Arroxo anunciou que as obras rematarán en breve “debido a que só queda o pintado das marcas viais”. E aproveitou para anunciar o inicio dos traballos de adecentamento nas rúas Río Sar e Pousadela, no barrio da Cheda, demandados pola veciñanza durante os últimos anos. “Son dúas actuacións de baixo custo que redundarán, sen dúbida, na calidade de vida das persoas que utilizan estas rúas a diario”, indicou Rubén Arroxo.
Arroxo explicou que na rúa Río Sar se procederá a realizar un asfaltado parcial, que xa fora aprobado polo goberno anterior, e cubrirase o resto da rúa con zahorra. Na rúa Pousadela, “arranxaranse as fochancas que a fan practicamente intransitable, e limparase a maleza que invade a vía”. Arroxo lembrou que “esta rúa ten unha lonxitude de 200m e é o acceso máis directo entre o barrio da Cheda e o centro da cidade, tanto en coche como camiñando”.
Ago 13, 2019 - 11:51 PM
Sigo pensando lo mismo:Estos del BNG tenían bloqueado un monto de proyectos porque en “cuatro días” que llevan, gobernando no se puede hacer todo lo están haciendo!!!!!!!!!!!
Ago 14, 2019 - 05:32 PM
Miguel Angel Ferreiro Vazquez parece que costa recoñecer que aqueles que non se quere co fagan ben o fan perfecto 🤣🤣
Ago 13, 2019 - 07:20 PM
Se so queda o pintar, dios me perdone co ben que se traballa neste pueblo