O PP considera “inaceptable o uso político das residencias de maiores do PSOE e BNG”

O Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo, considera “inaceptable o uso político que case nove anos despois o PSOE e o BNG continúan a facer das residencias de maiores, que acordaron construír e xestionar dende 2010 e das que hoxe buscan desatenderse, porque xa non lles deben interesar”.

Os populares lembran que recorren á solicitude de convocatoria dun pleno extraordinario para que “o PSOE e o BNG aclaren “os pasos que darán coas residencias xa que están a xerar alarma e incerteza tanto entre os rexedores como entre os veciños e veciñas” que ven como o novo Goberno da Deputación busca desatenderse do seu compromiso de construír e xestionar as residencias”.

Dende o Grupo Provincial do PP destacan que “cando menos Tomé parece que rectifica en parte, xa que agora di que asumirá os acordos asinados, pero o que entendemos é que á larga buscan que outros asuman o seu compromiso”. É “inconcibible” que PSOE e BNG intenten vender unha imaxe de “rigor e axilidade”.

Ante todo, “pensamos nos efectos prexudiciais que esta situación poida ocasionar ás persoas maiores e no funcionamento dos centros” polo que “non se pode cambiar de criterio en base a antollos e beneficios propios”. Os populares piden “seriedade” ante un asunto de “especial relevancia para a provincia, que afecta a concellos e veciños e veciñas, sen esquecernos do persoal que pasou un proceso de selección para traballar nalgún deste centros e que anos despois seguen se poder incorporarse ao seu posto de traballo”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com