O PSdG di que: “dende o Sergas míntese sobre a atención pediátrica que se está dando nos Ancares”

PSdeG,  por medio do seu Secretario de Medio Rural  Jaime González, ven de emitir un comunicado, en relación a información deste xornal: https://www.xornaldelugo.com/o-sergas-di-que-garante-a-asistencia-pediatrica-para-becerrea-e-municipios-limitrofes-e-que-en-ningu-pac-hai-pediatria/, no que denuncia que “dende o Sergas míntese sobre a atención que se está dando, en referencia a atención pediátrica nos Ancares”.
González, critica que “sistemáticamente se engane á poboación con informacións falsas coma a da nota publicada neste medio”; segundo o Secretario de Medio Rural socialista : “Non e certo que a pediatra acuda un día á semana ó centro médico de Baralla. É mais, a oposición deste concello leva anos reclamando este servizo, incluso a socialista Concepción Burgo teno levado ó Parlamento de Galicia. A Xunta está deixando totalmente abandoado o rural, sen servizos, e para ocultar este abandoo, adicase a sacar notas de prensa con informacións falsas, seguindo a tónica habitual do goberno de Feijoo, con mentira tras mentira, para tratar de tapar a falta de compromiso e a inversión no rural galego, e especialmente na provincia de Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com