Recolocada a placa de García Lorca na praza de Pío XII

O alcalde en funcións, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciaron no día de hoxe que, coincidindo co 83 aniversario do fusilamento de García Lorca, se repuxo a placa conmemorativa da súa primeira visita a Lugo, que fora colocada na praza de Pio XII en Lugo en Outubro de 2006. O 28 de outubro de 1916 foi cando Federico García Lorca, con 18 anos, chegou por primeira vez a Lugo xunto con catro compañeiros da Universidade de Granada e emprendeu unha “excursión de arte” por diversas vilas e cidades.

A colocación en Lugo da placa conmemorativa fora iniciativa do Foro pola Memoria Republicana de Galiza e o Concello de Lugo, que aproveitaron a conmemoración dos 90 anos da primeira visita realizada polo poeta á cidade de Lugo para realizar unha serie de actos, entre os cales estaba a instalación desta placa na praza de Pío XII.

Segundo os diarios da época, Federico García Lorca chegou a Santiago de Compostela o 25 de outubro de 1916. Ademais da primeira visita de Federico García Lorca á cidade de Lugo e a Galiza no 1916, o poeta granadino visitou, de novo a cidade de Lugo, no 1932. Tras o comenzo da guerra civil, na madrugada do 18 de agosto de 1936, Federico García Lorca foi fusilado polos golpistas, con 38 anos de idade, xunto a un olivo na estrada que une as localidades de Víznar e Alfacar en Granada.

Novas relacionadas

  1. Manuel Maria Lourido Aguiar
    Ago 16, 2019 - 04:59 PM

    Pois a min parece moi acertado e ademáis pouco costoso,alguen enrriba falaba de ingnorancia histórica por poñela na praza de Pío XII,que se entere porque ali

    Reply
  2. Lucia Barcelos
    Ago 16, 2019 - 04:40 PM

    Pio XII foi un facha.Non pega moito.Ignorancia historica

    Reply
  3. Belén Alejo López
    Ago 16, 2019 - 02:24 PM

    Que ben traballan cando o que fan non costa traballo….

    Reply
  4. Astrocita Protoplásmica
    Ago 16, 2019 - 02:13 PM

    García Lorca tamén o apropia o BNG?

    Reply
    • Veva Rego
      Ago 16, 2019 - 03:00 PM

      García Lorca é patrimonio da Humanidade,,, de Lugo tamén.
      Non é cuestión dunha placa,,,, é vivir no planeta!
      Moito falades e moito calades cando os sátrapas do PP facían de Lugo a súa quinta……
      Ate os LEÓNS do fondo da Praza Maior roubaronnnn para os seus chaléts !!!!😀😀😀😀😀😰😰……~~~~

      Reply
    • Luis Díaz
      Ago 16, 2019 - 03:28 PM

      Veva Rego , non , non é certo , os león de Sargadelos , que en tempos estuveron no fondo da praza Maior , os orixinais están no MIHL , e as copias dos mesmos , están na Praza de Avilés , na nesma fonte que fai conxunto coa Matrona , que a sua vez tamén é una copia da orixinal , e ésta , non está nun museo , senón rota en varios cachos en un almacén do concello . osea , o PP (nacional ) roubou moito , pero dende logo os leóns eses , nin lles tocaron . Si Astrocita Protoplásmatica , di que o bng , se quere apropiar da figura de García lorca , oye , tampouco é pa enfadarse , alguén con ese nome , ou quere ser escritota de ciencia ficción , ou quere presentarse a próxima edición de OT . senón se pode destacar pola voz , a lo menos que sexa polo nome .

      Reply
    • Piringallo
      Ago 16, 2019 - 08:45 PM

      Astrocita, o verbo apropiarse en galego é pronominal. O “tamén” aquí quizaís sobra, pois non hai un antecedente directo neste nova ou noutras recentes de actuacións similares de “apropiación” por parte do BNG. Quizáis é mellor empregar o gerundio, para indicar unha acción puntual. A interrogativa non ten sentido se o que realmente estás facendo é afirmar tal apropiación indebida. Doutra banda, o suxeito da frase é “o BNG”. Aínda que queiras enfatizar a figura de García Lorca, entendo que a redacción debera ser algo así:

      “O BNG estase apropiando da figura de García Lorca”.

      Reply
    • Antón Lugoslavo
      Ago 17, 2019 - 11:23 AM

      Astrocita Protoplásmica, eu daríalle a volta polo outro lado: non hai en Galiza máis de 4.500 persoas asasinadas polos golpistas do 36, que hai que poñerlle unha placa a un escritor andaluz que un día pasou por aquí e, si, tivo suficiente e meritoria sensibilidade cara á cultura e a lingua do noso país como para escribir un madrigal en galego… non fixo ben máis por Lugo e por Galiza Alexandre Bóveda ou outros tantos, e máis no marco dun Día da Galiza Mártir -ao que non se fai referenza – e que ben merece algún tipo de declaración institucional ao respecto?… mentalidade de colonizados, diría eu, negar o propio e enxalzar o alleo… tamén hai que dicir que no seu día a iniciativa de colocar a placa non foi do BNG, mais no momento en que está instalada polo Concello é un patrimonio público que é de recibo que se repoña se se procuran facer políticas da memoria histórica. Sobre a apropiación, algúns feitos do golpe do 36 e da guerra civil hoxe son símbolos universais da loita antifascista, como é o caso do asasinato de Lorca ou o bombardeo de Gernika, que a ninguén lle parece mal que un pintor malagueño lle adicara un cadro e non lle compete só á esquerda patriótica vasca a súa lembranza. A min non me parece mal que se lembre a Lorca sempre que cando non se utilice politicamente para ocultar e negar referentes propios

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com