A secretaria provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero, acusou ao Delegado Territorial da Xunta de “botar balóns cos problemas dos lucenses”. Así o dixo tras coñecer as acusacións do responsable autonómico sobre a seguridade na praia das Catedrais.
Otero afirma que “o único proxecto político da axenda de Balseiro é a confrontación co Goberno de Pedro Sánchez, eximindo as súas propias responsabilidades, cando a Administración Autonómica é a responsable de xestionar as entradas neste enclave”, sinalou.
“Prégolle ao Señor Balseiro que se adique a impulsar iniciativas e propostas que contribúan a mellorar a calidade de vida de todos os lucenses”. E insistiu nas súas criticas “Núñez Feijóo non pode utilizar un cargo político, como o de Delgado Territorial, para buscar a confrontación co Goberno Central. Traballen pola nosa provincia, e asuman as súas responsabilidades políticas”, resumiu.
Ago 19, 2019 - 06:49 PM
Hasta ( … ) de que los problemas de las personas , se utilicen como un Boomerang para atacarse mutuamente los politiquillos bien pagados .
Ago 19, 2019 - 08:38 PM
Igualmente, hasta los mismísimos, este el nivel que tenemos… ufff