No Nadal de 2018 Lugo Monumental editou un calendario para o ano 2019 a beneficio de ASPNAIS, un colectivo que desde fai xa máis de cincuenta anos desenrola a súa actividade na cidade para integrar a persoas con discapacidade intelectual. A experiencia resultou tan enriquecedora que se pretende editar un novo calendario para o próximo ano 2020, e para ese fin se convoca un Concurso de Fotografía.
O certame é totalmente aberto a calquera interesado, xa sexa fotógrafo profesional ou afeccionado, e serán remitidas de forma dixital ao enderezo habilitado para este certame (calendario2020@lugomonumental.es).
Incluso permítese a participación de menores de idade, sempre que estean autorizados polos seus pais ou titores, sendo estes os que recollerían o premio xunto ao menor en caso de resultar elixida algunha das súas fotografías.
Concurso en dúas fases:
Nunha primeira fase todas as fotografías pasarán un filtro do seu cumprimento das bases e un estándar mínimo de calidade. O xurado estará formado por dúas persoas da directiva de Lugo Monumental e dous representantes de ASPNAIS.
Dado que este calendario é posible gracias á participación de doce empresas patrocinadoras, na segunda fase, as marcas elixirán cada unha a fotografía que desexen para a súa páxina.